PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese o prazo de inscrición na viaxe á Galicia mariñeira de "Imos de Excursión"

13/06/2013 A Concellaría de Centros Socioculturais abre a partir do xoves 13 de xuño, ás 17:00 horas, o prazo para participar na próxima excursión organizada no marco do programa Imos de excursión 2013. Trátase da viaxe á "Galicia Mariñeira", que se desenvolverá o sábado 29 de xuño.

Esta excursión permitirá aos participantes coñecer lugares de interese patrimonial e natural como as vilas mariñeiras de Malpica, Camelle e Laxe ou santuario da Virxe da Barca, en Muxía. O prezo da excursión é de 27 euros e inclúe o autocar, guía, seguro, xantar e visitas.

Información e inscrición nos centros socioculturais.

Documentos relacionados



Compartir: