NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Presentado o novo "Vocabulario galego-italiano de gastronomía e hostalería"

12/06/2013 Presentouse no Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostalería Compostela, o Vocabulario galego-italiano de gastronomía e hostalería. A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, participou no acto, celebrado ante empresarios.

Rebeca Domínguez enmarcou a edición do novo vocabulario nun contexto no que os establecementos deben atender ao turista "con toda a profesionalidade e ofrecerlles a calidade das nosas materias primas e da nosa gastronomía, e tamén convén alimentar a súa curiosidade e enriquecer a visión que van levar do noso país: cómpre explicarlles que están comendo, como se elaborou e con que foi feito".

Para superar esta proba, dixo, "está ben que desde as administracións e tamén desde as asociacións botemos unha man, neste caso coa imprescindible participación dos especialistas que elaboraron o Vocabulario galego-italiano de gastronomía e hostalería, noutros con iniciativas ben interesantes das que a Asociación de Hostalería de Compostela é protagonista".

Compartir: