XUVENTUDE

O CSXM do Ensanche exhibe a exposición "O meu mundo bonequil", de Soraya Redondo

12/06/2013 A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, inaugurou no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche a exposición O meu mundo bonequil, da artista compostelá Soraya Redondo. A mostra estará aberta ata o 29 de xuño.

Nesta mostra, Soraya Redondo presenta unha serie de pinturas e esculturas nas que reflicte un universo estraño para falar sobre a perda da inocencia e a súa actividade. Os seus personaxes eslúen a súa figura para refacerse no tempo real, xogan coa material a partir da cal foron creados e levan a pintura máis aló dos límites do marco.

Soraya Redondo realiza estudios de Belas Artes, e estudios complementarios en historia da arte, deseño de xoias, restauración. Foi finalista no Certame Xuventude Galicia Crea, na edición 2012, e participou en varias exposicións, tanto en España como en Portugal.

Compartir: