CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Asociación de Veciños de Guadalupe pechou o calendario de actividades do curso cun acto no CSC de Vite

12/06/2013 A Asociación de Veciños "A Ponderosa", do barrio de Guadalupe, celebrou o peche das súas actividades deste curso no Centro Sociocultural José Saramago de Vite. Atendendo o convite da súa directiva, o concelleiro de Centros Socioculturais participou no acto. Francisco Noya agradeceu aos usuarios a participación nas actividades e felicitando á presidenta da Asociación, Isolina Barreiro, polo seu traballo.

Mais de 80 persoas achegáronse ao CSC de Vite para participar no peche das actividades. Ademais dunha pequena actuación por parte dos nenos do curso de guitarra, abriuse unha exposición dos traballos realizados polos usuarios dos cursos de manualidades e pintura. Esta mostra poderase visitar ata finais deste mes de xuño.

Dende a súa incorporación ao Centro Sociocultural de Vite, a Asociación de Veciños de Guadalupe vén realizando actividades de ximnasia, manualidades, corte e confección, pintura, clases de guitarra, etc.

Compartir: