ALCALDÍA

O príncipe herdeiro de Xapón, Naruhito, visitará o Concello

12/06/2013 O príncipe herdeiro de Xapón, Naruhito, chegará a Santiago de Compostela o vindeiro sábado, 15 de xullo. Realizará unha visita oficial á sede do Concello de Santiago en resposta á asistencia hoxe do alcalde, Ángel Currás, á recepción ofrecida polos Príncipes de Asturias á Súa Alteza Imperial en Madrid.

A visita de Naruhito enmárcase dentro da súa viaxe a España, encadrada no calendario de actos do Ano Dual España-Xapón, co que ambos países queren afondar no coñecemento mutuo aproveitando que este ano se cumpre o 400º aniversario do establecemento das relacións bilaterais entre os dous países.

Compartir: