ALCALDÍA

A Policía Local de Santiago conta agora con cinco inspectores principais

10/06/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Luis Bello, recibiron os novos mandos da Policía Local unha vez concluído o curso de formación na Academia Galega de Seguridade (tres inspectores principais, catro inspectores e dous oficiais).

José Manuel Traba Gesto, José Ramón Silva Dieste e Jesús Pérez Martínez pasan de inspectores a inspectores principais; José Manuel Álvarez López, Anselmo Carou Feijoo, José Francisco García Rodríguez e José Antonio Pena Santamarina promocionan de oficiais a inspectores; e José A. Galego Fernández e Diana Parente Pampín ascenden de policías a oficiais. Entre os novos cargos figuran tres licenciados e catro diplomados universitarios.

Os novos inspectores e oficiais recibiron as felicitacións do alcalde, quen lles desexou éxito dende as súas estreadas responsabilidades.

Compartir: