PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan as rutas didácticas do programa Cultura Viva cun percorrido polas parroquias de Bando, Sabugueira e O Carballal

07/06/2013 O programa Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido polas concellerías de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, continúa a desenvolverse na súa edición de abril a xuño con grande éxito de participación, xa que todas as rutas están completas. Este sábado 8, novo percorrido polas parroquias.

Co título "Parroquias IV: Bando, Sabugueira e O Carballal", a ruta deste sábado 8 de xuño fará un percorrido polas parroquias do rural cunha explicación da súa paisaxe a través de elementos patrimoniais e sociais relevantes. Os participantes sairán ás 11:00 horas dende a Casa das Asociacións de Cornes. Polas características da ruta achegaranse en microbus ata o punto de partida nas parroquias.

As vindeiras rutas do programa serán as seguintes:

- Mercores 12 de xuño: "As casas da cidade II", un percorrido polas pegadas únicas que amosa a arquitectura que conservamos dende a Idade Media. O grupo de inscritos sairá da praza do Toural ás 18:00 horas.

- Sábado 15 de xuño: "Polas ribeiras do Sarela", percorrido polo camiño do río, atopando restos do pasado industrial que hai séculos transformou a cidade. O grupo de inscritos sairá as 11:00 horas dende a igrexa do Carme de Abaixo.

Teatro nas Fontiñas
A Concellería de Centros Socioculturais lembra que tamén este sábado, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas, a Escola de Teatro José Saramago representa a obra Nin fé, nin café. Xurxo Barcala dirixe esta montaxe, protagonizada por Concha Regueiro, Lourdes Santos, Flora Botana, Ángel Ramírez, Asunción Mariñas, María José Casal, Manuel Vázquez e Teo Vega.

Compartir: