TURISMO

O Grupo de Cidades Patrimonio de España participa na "La Spagna a Padova"

07/06/2013 Tras a súa recente participación na pasada edición da Spagna a Roma, o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España continúa a súa aposta pola promoción turística no mercado italiano e dirixe a súa estratexia, nesta ocasión, cara á rexión do Véneto a través dunha nova campaña organizada en Padua pola Oficina Española de Turismo en Milán.

A Spagna a Padova (www.spain.info/it/Reportajes_portales/italia/spagna-padova.html), que conta co patrocinio e o respaldo do concello paduano, ofrece un atractivo programa de exposicións, encontros, espectáculos, conferencias e degustacións gastronómicas.

Os destinos do Grupo contan cun punto de información no posto que Turespaña habilitou na céntrica praza Garibaldi, dende o que se promoverán as principais novidades da súa oferta turística e cultural e ofreceranse atractivas propostas de viaxe e paquetes turísticos deseñados por receptivos de prestixiosos operadores tales como Viajes El Corte Inglés, Welcome Incoming, Click2Travel, Petrabax, Costavision, Viajes Olympia, Incoming Evasión, Tee Travel, Viajes Cajasol, Viajes Glauka, Veronia Tours, Viajes Salamanca, Made for Spain, Spaintop, Costas Internacional e Across Spain. No marco da mostra tivo lugar xa un encontro con profesionais e coa prensa no Café Pedrocchi da capital.

Italia é o segundo mercado emisor en relación ao número de turistas para as Cidades Patrimonio da Humanidade de España, que en 2011 recibiron 152.485 turistas procedentes do país transalpino.

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España é unha asociación sen ánimo de lucro creada no ano 1993 cuxo obxectivo é actuar de xeito conxunto na defensa e promoción do patrimonio histórico e cultural das cidades que o compoñen: Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona e Toledo.

Compartir: