ALCALDÍA

Recepción a un grupo de profesores e alumnos da universidade máis antiga de USA

05/06/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu un grupo de profesores e alumnos de The College of William & Mary, a universidade máis antiga de Estados Unidos, situada en Williamsburg, no Estado de Virxinia.

O grupo está en Santiago por segundo ano consecutivo realizando un curso que organiza o Institut of Pilgrimage Studies desta universidade sobre as peregrinacións e o Camiño de Santiago. O obxectivo do curso é a preparación de investigadores que queiran traballar dende calquera punto de vista (histórico, artístico, medioambiental, médico, sociolóxico, económico...) no tema das peregrinacións, con especial atención ás que teñen como meta Santiago.

Esta Universidade é tamén a promotora dun consorcio de universidades norteamericanas que teñen interese na cuestión da peregrinación e en utilizar o Camiño de Santiago como referente para eses estudios, o que implica, entre outras cousas, enviar alumnos o Camiño e a Santiago. Na actualidade xa hai máis de 40 universidades asociadas ao Consortium, abarcando toda a xeografía norteamericana (USA e Canada).

Compartir: