CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúa aberto o prazo de preinscrición nas actividades "Mañás de verán e de xogo"

05/06/2013 As preinscricións nos programas Mañás de verán –previsto nos centros socioculturais de Vite, Conxo, Fontiñas e Santa Marta- e Mañás de xogo -nos locais sociocuturais das parroquias da Gracia-Grixoa-Lamascal e Busto-Nemenzo-Marantes, continúan abertas ata o martes 11 de xuño.

O programa está a ter moi boa acollida, recolléndose xa numerosas preinscricións en todos os centros. Nos de Vite e de Conxo xa se completaron todas as prazas; en todos os demais hai prazas dispoñibles.

A Concellaría de Centros Socioculturais lembra que, no caso de recibir máis preinscricións que prazas ofertadas, asignaranse por sorteo público o dia 18 de xuño no centro sociocultural que se indique. O número de prazas dispoñibles en cada centro é de 30.

Ademais, continua tamén aberto o prazo para que os interesados en participar no Campamento Infantil en Figueiras (25 prazas para nenos/as de 5 a 12 anos), organizado pola AV Nova Xeira de Figueiras e aberto tamén as parroquias de Villestro e Laraño, se dirixan a novaxeira@gmail.com para solicitar a participación.

As Mañás de verán, as Mañás de xogo e o Campamento Infantil en Figueiras desenvolveranse durante o mes de xullo, de luns a venres, en horario de mañá.

Direcciones relacionadas



Compartir: