CENTROS SOCIOCULTURAIS
En canto ao abastecemento de auga, os técnicos están a estudar diferentes posibilidades, xa que sosteñen que, debido á altura orográfica do centro, precísase un nivel de presión que, probablemente, non poida soportar a tubaxe procedente de Boqueixón dende a que se abastece a parroquia.
O Centro Sociocultural de Marrozos quedará conectado á rede municipal de saneamento
03/06/2013 O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, acompañado polo presidente da Asociación de Veciños de Marrozos e por técnicos municipais, visitou o centro sociocultural desta parroquia, para analizar o proxecto para dotalo de saneamento e abastecemento de auga.
O edil anunciou que na vindeira semana comezarán as obras de saneamento. Deste xeito, o CSC será enganchado á rede municipal e deixará de usar a fosa séptica actual.En canto ao abastecemento de auga, os técnicos están a estudar diferentes posibilidades, xa que sosteñen que, debido á altura orográfica do centro, precísase un nivel de presión que, probablemente, non poida soportar a tubaxe procedente de Boqueixón dende a que se abastece a parroquia.