NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Entréganse os X Premios Falemos da Nosa Historia de redacción en galego

31/05/2013 A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, participou na entrega de premios do concurso de redacción en galego ¨Falemos da nosa historia¨ que tivo lugar no Auditorio de Galicia

Como cada edición, o equipo de dinamización da lingua galega do CEIP López Ferreiro convoca un concurso de redacción dirixido a escolares de 3º ciclo de Educación Primaria e de 1º ciclo da ESO de calquera centro de Galicia.
O concurso, no que colabora a Concellería de Normalización Lingüística, busca poñer en valor a ampla historia de Galicia e a historia dos galegos como comunidade humana a través da lingua.

O obxetivo do certame é descubrir a historia de Galicia a partir de ditos, refráns, modismos e lendas de xeito que os nenos e as nenas participantes teñan que facer unha pequena investigación histórica a través de libros, enciclopedias, internet e outros medios.

Compartir: