CENTROS SOCIOCULTURAIS

O programa "Imos ao baile" convida a bailar a todos os composteláns

30/05/2013 A concellería de Centros Socioculturais e Participación Cidadá vén programando dede febreiro sesións de baile abertas para todo o mundo. A próxima cita é este sábado, 1 de xuño.

Dende que o programa comezara no mes de febreiro 900 persoas participaron nestes encontros que sirven non só para mostrar as destrezas no baile senón tamén como forma de socialización e diversión.

A casa das Asociacións de Cornes acollerá este sábado día 1 a próxima cita dentro deste programa. Será a partir das 17.30 e contará coa presenza do grupo musical Luzada.

O programa Imos ao baile 2013 continuará con máis citas en diferentes centros sociculturais da cidade:

22 de xuño no Csc Conxo- Grupo Enclave ás 17.30h
22 de xuño no Csc Vite- Grupo Glamour ás 17.30h
22 de xuño no Csc Sta. Marta- Grupo Solymar ás 17.30h
22 de xuño no Lsc Marrozos-Grupo Solymar ás 22.30h
22 de xuño no Csc Villestro- Trio Eclipse ás 22.30h
23 de xuño no Lsc Figueiras, Trio Alborada ás 22.30h

A entrada é de balde, ata cubrir aforo nas distintas localizacións.

Compartir: