NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A Casa das Asociacións de Cornes acolleu unha charla da agregada de educación e cultura da Embaixada de Canadá con grande éxito de público

29/05/2013 Esta charla, á que asistiu a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, ofreceu a todos os mozos e mozas de Santiago, entre 18 e 35 anos, toda a información necesaria para emprender unha viaxe laboral ao país norteamericano, cunha ríxida lei en materia de traballo.

A Embaixada de Canadá, a USC e a Concellería de Xuventude traballaron conxuntamente para tratar de ofrecer unha ferramenta legal mediante un visado aberto de traballo durante 1 ano.

Ofértanse tres modalidades de permiso de visado aberto: por un lado unha modalidade de traballo en vacacións, un permiso de prácticas para estudantes en activo e unha última modalidade denominada novos profesionais para mozos e mozas que xa remataron os seus estudos.

O idioma non é un requisito á hora de seleccionar aos participantes neste proxecto, selección que se fai dende a Embaixada, para así estimular e axudar á mobilidades.

Para todos aqueles que estén interesados abrirase unha nova quenda á volta do verán.

Compartir: