EDUCACIÓN

A UMAD promove dúas iniciativas de prevención de drogodependencias orientadas aos máis novos

29/05/2013 Dentro do Plan de Acción Local para a prevención da drogodependencia a concelleira de Benestar Social, María Castelao, presentou dúas actuacións dirixidas á xuventude e enmarcadas no ámbito de ocio e das actividades formativo- educativas: os concertos sen alcol e o programa municipal de Apoio educativo.

Cun "contexto social difícil para os máis novos" o Centro sociocultural de Vite acollerá os vernes pola tarde, de 17 a 20 h, e os sábados pola mañá, de 10 a13 h, unha actividade de apoio educativo que pretende facilitar aos mozos a súa formación. Contarase coa presenza dun grupo de monitores que os axudarán a estudar.

Esta actividade, orientada a rapaces da ESO, é totalmente libre e espérase que axude á preparación dos exames finais.
Durante o mes de xullo e agosto as clases realizaranse polas mañás de luns a xoves de 10 a 13:30h. Planificaranse os estudos de verán sin esquecer que no periodo vacacional o descanso e o ocio forman unha parte importante de actividade.

CONCERTOS SEN ALCOL
O Concello, na súa aposta pola mocidade e a diversión, ten planificados tres concertos dobres ata finais de setembro para "promover a concienciación de que para pasalo ben non fai falla o alcol" en palabras da edila. O primeiro deles terá lugar na Sala Moon este xoves ás 21.30 h e contará coa actuación de Dirty Socks e The Free Riders.

Inciouse xa hai uns anos a realización de actividades musicais nas que non é necesario consumir alcol para pasalo ben. Houbo concertos no Musltiúsos do Sar, na Sala Capitol ou na Sala Moon acadando grande éxito entre o público máis novo. Con esta actividade preténdese ademais que estes mozos que dedican o seu tempo libre á música sexan referentes para outros mozos polo que o apoio do Concello as súas iniciativas servirán de referente aos demáis e si estas iniciativas son sen alcol producirase un efecto multiplicador.

Estas accións son financiadas cunha subvención do Ministerio de Sanidade procedente dos bens decomisados por tráfico de drogas e outros delictos relacionados, polo que o 70% do custe das actividades está subvencionado.

O que se pretende na planificación destas actividades é poñer en valor, apoiar, facilitar actividades de ocio e tempo libre que potencien a creatividade, o esforzo, a amizade, a diversión, o ocio e outros valores incompatibles co consumo de substancias.

Documentos relacionados



Compartir: