CULTURA

O Teatro Principal acolle dúas obras de Sarabela Teatro dentro do ciclo Teatro&Danza

28/05/2013 Esta semana poderase desfrutar de "Viaxe a ningunha parte", unha adaptación dunha obra de Fernando Fernán Gómez o mércores 29 e xoves 30 maio e o domingo 2 de xuño de ‘El Amor de Eloy’ con dramaturxia de Ernesto Caballero
O xoves 13 de xuño o Principal acolle "Rosalía os Cantares das musas" a prosa e a poesía de Rosalía de Castro levada ao teatro

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou presentou, no Teatro Principal, as das dúas obras que nos achegará Sarabela Teatro, ‘Viaxe a ningunha parte’ e ‘Rosalía, os cantares das musas’, acompañado de Fina Calleja, actriz e distribuidora de Sarabela Teatro, e dos actores Celso Parada e Josito Porto.

‘Viaxe a ningunha parte’ é a historia duns 'cómicos da legua' que percorren os camiños da España de fai décadas co obxectivo de levar un respiro ás penurias dunha poboación gris, marcada pola miseria e o fame, basada nunha novela de Fernando Fernán Gómez que Sarabela Teatro adapta. A dramaturxia é de Ánxeles Cuña Bóveda.

Esta semana a programación de teatro completarase cunha comedia que critica duramente as relacións de parella :‘El amor de Eloy’, do dramaturgo Ernesto Caballero, con escenografía de Jose Luis Raymond, dirección de Cesar Lucendo e con Rául Gómez (O Eloy racional), David V. Muro (O Eloy pesimista) Javier Martín (O Eloy romántico) e Patricia Pérez como elenco.

‘Rosalía de Castro, os cantares das musas’, prosa e poesía de Rosalía de Castro levada ao teatro por Sarabela baseada no prólogo de ‘O cabaleriao das botas azuis’ e no poemario ‘Cantares’.

As funcións de ‘Viaxe a ningunha parte’ serán mércores 29 e xoves 30 de maio e ‘Rosalía, os cantares das musas’ xoves 13 de xuño no Teatro Principal ás 21.00h.

Compartir: