EDUCACIÓN

A concelleira de Educación escoitou as demandas do colexio López Navalón

28/05/2013 A edila de Educación, María Castelao, visitou o Colexio de Educación Especial Manuel López Navalón para escoitar de primeira man as súas necesidades e demandas e ver in situ o traballo dos seus profesionais. Acompañouna o delegado territorial da Consellería, Indalecio Cabana.

No centro, os representantes institucionais do Concello e da Xunta reuníronse co equipo directivo, que lles fixo chegar as principais demandas. Trala visita, a concelleira valorou moi positivamente o traballo realizado polos profesores e todo o grupo docente, "que se ve reflexado nos obxectivos que alcanzan".

Esta xuntanza enmárcase na rolda de visitas que a concelleira María Castelao está facendo a todos os centros escolares da cidade desde que asumiu as competencias de educación.

Na actualidade, o C.E.E. Manuel López Navalón dedícase á educación de alumnos xordos e oíntes con multideficiencias nos niveis de educación infantil, educación primaria e 1º ciclo de educación secundaria; á educación de alumnos xordos e oíntes en diferentes Programas de Cualificación Profesional Inicial; e á atención no "Centro de Recursos" (alumnos procedentes de centros públicos e concertados da bisbarra de Santiago de Compostela, con problemas de audición e/ou linguaxe que son atendidos a tempo parcial).

Compartir: