CULTURA

Dúas novas propostas dentro do ciclo Teatro&Danza

27/05/2013 Esta semana o Teatro Principal de Compostela acollerá dúas propostas do ciclo Teatro&Danza, que traerán as súas tablas ‘Viaxe a ningunha parte’, adaptación dunha obra de Fernando Fernán Gómez, e ‘El Amor de Eloy’ con dramaturxia de Ernesto Caballero

O mércores 29 e xoves 30 a partir das 21h a compañía Sarabela Teatro adaptará a obra "Viaxe a nungunha parte" do actor e director Fernando Fernán Gómez.

Viaxe a ningunha parte é a historia duns cómicos da legua que percorren os camiños da España de fai décadas co obxectivo de levar un respiro ás penurias dunha población gris marcada pola fame. Sofren a competencia da chegada do cine pero persisten en representar as súas funcións dos Irmáns Quintero ou de Buerno Vallejo, convencidos de que o teatro vivirá sempre e que a dignidade é a principal forza que move a terra.

O domingo día 2 de xuño a partir das 21h Raúl Gómez, David V. Muro, Patricia Pérez e Javier Martín, baixo a dirección de César Lucendo, representarán "El amor de Eloy", unha comedia escrita por Ernesto Caballero onde se critican duramente as relacións de parella.
Cada individuo encerra múltiples personalidades dentro de si mesmo e nalgunhas ocasións mestúrase creando dentro da nosa mente un debate interno que nos fai practicamente imposible tomar calquera tipo de decisión. No caso de Eloy, márcanse tres personalidades moi definidas interpretadas por tres actores distintos que comparten escenario durante toda a obra.

As entradas para ambas representacións están a venda na billeteira do Teatro Principal, na páxina entradas.novagaliciabanco.es ou no teléfono 902 434 443.

Compartir: