CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese o prazo de inscrición para a viaxe á Extremadura portuguesa

27/05/2013 A concellería de Centros socioculturales abre, a partir do martes 28 de maio ás 17 horas, o prazo para participar na próxima viaxe organizada no marco do programa Imos de excursión 2013.

A viaxe desenvolverase durante os días 14, 15 e 16 de xuño e ten previsto achegar aos participantes ás localidades de Setúbal, Lisboa, Grôndola e Almada. Trátase dun percorrido para coñecer lugares de interese patrimonial e natural como a Catedral de Setúbal, o Parque natural da Arrabida, a cidade de Lisboa, o Castelo e o Convento de San Pablo na localidade da Almada etc.

O prezo da viaxe é de 149 euros, incluíndo o autobús gran turismo, a estancia de 2 noites en Hotel de tres estrelas en réxime de pensión completa, excursións e visitas, guía, seguro de asistencia e viaxe e xantar en restaurante concertado en Lisboa.

Información e inscrición nos centros socioculturais.

Compartir: