BENESTAR SOCIAL

Os composteláns celebraron o Día da Familia

25/05/2013 A concelleira de Benestar Social, María Castelao, comprobou in situ o bo funcionamento dos obradoiros programados para celebrar o Día Internacional da Familia. Ao longo da tarde foron moitos os composteláns e compostelás que se achegaron ata a praza Roxa para participar das actividades.

Durante a tarde houbo diversas actividades que tiveron como eixos principais o recoñecemento á institución da familia, concienciar os cativos na igualdade de xénero e na corresponsabilidade nas tarefas do fogar.

Os máis novos gozaron cos inchables, nos obradoiros de broches, chaveiros ou mandís e disfrutaron especilamente cos contacontos de temática familiar a cargo de Fran Insua.

As actividades completaronse con mesas informativas de diferentes asociacións e entidades de iniciativa social que colaboran coa Concellería. En concreto participaron Cruz Vermella, Red Madre, Agadea, Unión Galega de Epilepsia, Asociación de Hiperactivos e Asem Galicia.

Compartir: