ALCALDÍA

Os alcaldes galegos debatiron en Santiago sobre o Pacto Local

14/06/2006 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a Xornada informativa sobre o Pacto Local, organizada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) no Hotel San Francisco. O evento, ao que asistiron máis de 150 alcaldes galegos, tiña coma obxectivo informar aos mesmos sobre o desenvolvemento do pacto e o funcionamento e obxectivos das súas distintas comisións.

A xornada informativa estaba dividida en tres partes. A primeira ocupouse de temas de financiamento do Pacto Local, coma o Fondo de Cooperación Local; a asunción pola Xunta dos custos dos centros de saúde, dos centros de educación primaria e dos xulgados de paz; o Fondo de Compensación Interterritorial; a compensación financeira ou o financiamento das competencias impropias.

A segunda das sesións abordou temas relacionados con asuntos sociais. Finalmente, a terceira tratou cuestións relacionadas coa ordenación e o desenvolvemento territorial.

Compartir: