DEPORTES

Inaugurouse a primeira edición do Curso de Dereito do Fútbol no Auditorio deGalicia

24/05/2013 O curso, organizado pola Federación Galega de Fútbol, con máis de cen persoas inscritas, celebrararase durante toda a fin de semana. Os asistentes poderán gozar das copas de Europa e do Mundo cedidas pola Federación española expresamente para a celebración deste acto.

A xornada do venres estivo dedicada ás relacións laborais e á fiscalidade no fútbol, dúas cuestións de rabiosa actualidade e foron tratadas por dous relatores de luxo con ampla e dilatada experiencia no mundo do dereito deportivo: Francisco Rubio, que expuxo a parte laboral e Juan Ramsés Pérez Boga, que falou sobre a parte fiscal.

Para as xornadas da fin de semana desenvolveranse os módulos restantes que conforman o programa do curso.
Por unha banda o adicado á organización do fútbol, réxime xurídico, distribución de competencias, dereitos e deberes inherentes á participación na competención, intermediación laboral e axentes deportivos.

O terceiro e último dos módulos tratará os temas de disciplina deportiva, solución de conflictos e responsabilidade civil.

Compartir: