BENESTAR SOCIAL

O Concello colabora coa Asociación Española contra o Cancro

24/05/2013 O alcalde, Ángel Currás, e a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asisten á gala benéfica contra o cancro que se celebra no Hotel Monumento, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro. Os beneficios xerados serán utilizados para continuar e mellorar as liñas de investigación da asociación.

A Asociación Española contra o Cancro lidera o esforzo da sociedade española para diminuir o impacto causado por esta enfermidade e mellorar a vida das persoas.

Entre os seus obxectivos atópanse o de reducir o impacto do cancro na sociedade, mellorar a eficiencia operativa e de xestión na organiación ou incrementar fondos a través de fórmulas alternativas.

Compartir: