COMERCIO

Campostela xa ten o seu Paseo das Estrelas en homenaxe ao pequeno comercio

24/05/2013 A rúa Xeneral Pardiñas, no tramo entre as rúas Montero Ríos e República Salvador, loce diferente: desde agora conta cun Paseo das Estrelas do comercio compostelán. A concelleira de Comercio, Reyes Leis, acompañada de representantes das asociacións de comerciantes da cidade, e de moitos dos premiados e os seus familiares, que se acercaron para poder ver a súa propia estrela, inauguraron o paseo.

Seis estrelas dunha dimensión de 80 x100 cm, de vinilo especial antideslizante están xa colocadas na beirarrúa de Xeneral Pardiñas, simulando o noso Paseo da fama particular, onde os seis comercios premiados dos "Premios ao comercio compostelán 2013 Santiago Comercio de Cine" xa teñen a súa propia estrela.

Os gañadores desta edición foron a Floristería Embora, dentro da categoría Comercio de Barrio por prestar un valor engadido de proximidade e trato personalizado nas compras do día a día; Bulideira en Comercio Agarimo pola súa esmerada atención ao cliente e servizo post-venta; La Bulanxerí dentro de Comercio Emprende pólo espírito emprendedor dentro do comercio local atendendo á capacidade de xeración de emprego; Nobel Muebles na categoría Comercio Innovación gracias á incorporación das novas tecnoloxías e técnicas de marketing innovador; Sastrería Pepecillo como Comercio Veterano polo labor deses pequenos comercios familiares que desenvolven o seu traballo dende hai anos demostrando a súa capacidade de permanencia e adaptación os novos tempos; e os comerciantes da rúa Alfredo Brañas na categoría de Comercio Activo, polas suas iniciativas como agrupación de comerciantes que destacan por promover a dinamización do comercio local.

Os galardoados recibiron no acto de homenaxe celebrado no salón vermello do Pazo de Raxoi a peza de artesanía denominada "Rollo", da artesá Ana Serra.

Compartir: