CENTROS SOCIOCULTURAIS

Clausúranse con gran éxito de participación os obradoiros do programa Ler, Contar e Gozar coas Letras

24/05/2013 O sábado, 25 de maio, ás 11:00, no CSC As Fontiñas, remata a actividade de animación á lectura que se veu desenvolvendo durante todo o mes de maio en 15 dos Centros Socioculturais co título Letras na Corda, dentro do programa Ler, Contar e Gozar coas letras, que tivo como protagonista ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.

O obxectivo desta actividade foi a difusión da figura, vida e obra do dramaturgo Vidal Bolaño por medio da creación, en cada obradoiro, dunha cordada coas letras do título dunha das súas obras. O obradoiro foi moi participativo e nel crearonse as letras, pintáronse, e colgáronse das cordas. Como remate de cada taller representouse un fragmento do "Touporroutou da lúa e do sol" polos nenos (6 a 14 anos) participantes. Desenvolveuse nos locais de: Amio, A Trisca, Conxo, Vite, San Lourenzo, Pontepedriña, Busto, Cancelas, Lavacolla, Villestro, Eixo/Bornais, A Peregrina, Casa Agraria, Bando e Fontiñas.

O sábado a partir das 11h terá lugar a última sesión deste obradoiro no CSC As Fontiñas e colgaranse no centro todas as cordadas que se fixeron nos quince obradoiros artístico-literarios que foron conducidos por Babaluva Teatro.

Remataron tamén con moi boa acollida as sesións do obradoiro sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño que se desenvolveron durante esta semana no novo centro sociocultural de Santa Marta, nas que participaron nenos de entre 7 e 12 anos, que disfrutaron moito coa actividade conducida por Glup, Glup Teatro.

Compartir: