URBANISMO

O Consorcio de Santiago rematou esta semana as obras de restauración das reixas do convento de Santa Clara

23/05/2013 As obras foron realizadas pola empresa Torres Cambre e tiveron un custo de 45.356,85 euros (IVE incluído)

Trátase da primeira fase dunha restauración integral de todos os enreixados, preto dun cento de reixas, e que afectará a un tramo da fachada principal. As labores de restauración consistiron na retirada de cada unha das reixas para a súa limpeza e arranxo no taller e, en paralelo, na rehabilitación dos linteis de pedra dos ocos das ventás. A reposición das reixas realizouse seguindo o método tradicional a base de chumbo fundido, xa que está demostrado que é o mellor sistema e o de maior durabilidade.

Compartir: