DEPORTES

Este venres arranca no Auditorio a primeira edición do Curso do Dereito do Fútbol

23/05/2013 O curso, organizado póla Federación Galega de Fútbol e con máis de cen persoas inscritas, celebrararase durante toda a fin de semana

No acto de presentación participarán Fernando Vázquez, adestrador do Deportivo da Coruña, José Ramón Lete, Secretario Xeral para O Deporte, Angel Currás, Alcalde de Santiago e José García Liñares, Presidente da Federación Galega de Fútbol. Os asistentes poderán gozar das copas de Europa e do Mundo cedidas póla Federación española expresamente para a celebración deste acto.

A xornada do venres está dedicada ás relacións laborais e a fiscalidade no fútbol, dúas cuestións de rabiosa actualidade e que serán tratadas por dous relatores de luxo con ampla e dilatada experiencia no mundo do dereito deportivo: Francisco Rubio, que tratará a parte laboral, Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na Universidade de Extremadura e membro do Comité de Competición de 1ª división na Federación Española de Fútbol e Juan Ramsés Pérez Boga, que tratará a parte fiscal. É Inspector de Facenda e Profesor do Máster en xestión de entidades deportivas.

Compartir: