COMERCIO

O alcalde salientou a importancia do comercio de proximidade na entrega dos premios 2013

23/05/2013 "Non podemos olvidar que hoxe o pequeno comercio vive uns momentos moi difíciles e dende o Concello somos moi conscientes desta dificultade" apuntou o alcalde na entrega dos premios ao Comercio Compostelán 2013, que se entregaron nun acto celebrado no Pazo de Raxoi.

O rexedor compostelán queixo ademais felicitar aos premiados no seu día: "queremos darvos as gracias dende o Concello de Santiago polo traballo que facedes día a día, polas vosas horas de esforzos e desvelos".

Estes premios foron outorgados trala reunión do xurado dos Premios, composto pola concelleira de Economía, Comercio,Turismo e Mercados, Reyes Leis; Elena Fabeiro, xerente da Fundación de Artesanía e do Deseño de Galicia; Pura Cendón, en representación de Santiago Centro; Eva López representante de Em-Rede e Lucía Castro, como secretaria.

Ademais deste xurado tamén houbo votación popular a través de Internet para as categorías de Comercio de Barrio e Comercio Agarimo, aumentando a porcentaxe de participación respecto á pasado edición. Reyes Leis destacou que "se dobraron as cifras de participación da primeira edición, sinal que nos anima a continuar traballando no mesmo" e agradeceu o traballo destes comercios: "sodes un exemplo para o sector e un orgullo para a cidade".

Os gañadores desta edición foron a Floristería Émbora, dentro da categoría Comercio de Barrio por prestar un valor engadido de proximidade e trato personalizado nas compras do día a día; Bulideira en Comercio Agarimo pola súa esmerada atención ao cliente e servizo post-venta; La Bulanxerí dentro de Comercio Emprende pólo espírito emprendedor dentro do comercio local atendendo á capacidade de xeración de emprego; Nobel Muebles na categoría Comercio Innovación gracias á incorporación das novas tecnoloxías e técnicas de marketing innovador; Sastrería Pepecillo como Comercio Veterano polo labor deses pequenos comercios familiares que desenvolven o seu traballo dende hai anos demostrando a súa capacidade de permanencia e adaptación os novos tempos; e os comerciantes da rúa Alfredo Brañas na categoría de Comercio Activo, polas suas iniciativas como agrupación de comerciantes que destacan por promover a dinamización do comercio local.

Os galardoados recibiron unha peza denominada "Rollo", da artesá Ana Serra.

Compartir: