CULTURA

Hi-Risers e Eilen Jewell actuarán na Sala Capitol dentro do Compostela Rock

21/05/2013 No ‘Made in Usa’ (Compostela Rock) acturán The He-Risers o mércores 22 de maio, e Eilen Jewell ‘a raiña do acorde menor’ofrecerá un concerto o xoves 13 onde presentará o seu disco 'Queen of the minor key'. Os dous concertos serán as 21.00h na Sala Capitol. Entradas á venda por 12 euros máisgastos de distribución (anticipada) e 15 euros na billeteira.

O Teatro Principal acolleu a Willi Nile (Buffalo, New York) o pasado 9 de maio, e ‘Made in Usa’ do Compostela Rock presenta dous novos concertos na Sala Capitol: The Hi-Risers (Rochester, New York), maña mércores ás 21.00h e Eilen Jewell (Boise, Idaho), xoves 13 de xuño. Os dous concertos serán as 21.00h e as entradas están á venda a 12 euros máis gastos de distribución anticipada e 15 euros na billeteira do Teatro Principal, en A Reixa Tenda e Sala Capitol.

Despois dunha longa espera o trío de Rochester The He-Risers volveu para irse de festa contigo. E miúda festa a de "Hang Around With You"! Neste flamante álbum atópanse moitas das razóns polas que o grupo é considerado o estandarte do mellor rock&roll americano, sen aditivos, complicacións, nin moderneces. Sen ser un grupo retro, The Hi-Risers conseguen combinar os mellores e máis xenuínos estilos americanos para crear o seu burbuxeante cóctel, e dar un espectáculo en toda regra. Rock&Roll, pop, doowop, beat, surf, country... Pasen e vexan!, como sempre hai de todo... e de categoría!

En Fire Hazard lembraranche ás mellores bandas de garage da primeira fornada. Aquelas xecompiladas por Lenny Kaye no antolóxico Nuggets. Pero non te deixes enganar... estes polifacéticos cabaleiros demostran tamén o seu lado máis doce en temas como All That The World Can Be ou Way Back When, cheos de reminiscencias aos sons optimistas da California dos primeiros anos sesenta, o folk-pop de P.F. Sloan, ou as preciosistas harmonías vocais dos Everly Brothers. E falando de boas voces e melodías irresistibles, The Monkees teñen a súa pequena e humorística homenaxe en Watch The Monkees, onde ademais dunha divertida letra os de Rochester fan chiscadelas ao seu hit Last Train To Clarksville. Neste disco tamén nos deleitan (como non!) con temas de rock&roll subidos de voltas, onde unha Telecaster a pelo, baixo e batería demostran ser todo o necesario cando caen nas mans apropiadas. E é que o tres Hi-Risers non só son mestres instrumentistas, senón que malgastan bo gusto. Doctor’s Wife, Jump Start, Pack All My Troubles, ou Where’s The Life Of The Party son boas mostras diso.

E, como en toda boa mestura americana non pode faltar o country, os Hi-Risers despáchanse a gusto cun precioso e lacrimóxeno temazo honky-tonkpopificado que gustaría aos mestres do xénero Buck Owens, Merle Haggard, ou George Jones. Silver Saddle Motel, ou de como e por que afogar as penas do corazón nun pequeno vaso de whisky.

(I’m In Love With My) Record Collection, é unha declaración de principios onde Greg e Todd confésanse namorados da súa colección de discos... un sentimento que seguro moitos fans coñecen. E aquí non estamos a falar de música na nube, Podcasts, ou streamming, senón de sinxelos e álbums de vinilo cos seus correspondentes e fascinantes portadas. Ninguén se acorda do seu primeiro mp3, pero todo o mundo lembra o primeiro disco que lle regalaron de neno ou o primeiro que comprou de preadolescente imberbe. É por iso polo que este disco ademais de en CD preséntase nunha edición limitada en vinilo "do de antes".

Para pechar o álbum despídense cunha mostra do seu coñecemento enciclopédico do pop e o rock&roll facendo unha versión do My Baby Wants To Know do grandísimo Dave Bartholomew, que os Hi-Risers fan súa para redondear un disco infestado de hits: The Hi-Risers Hang Around With You!

Eilen Jewell presentará o seu disco 'Queen of the minor key', xoves 13 de xuño é "a raíña do acorde menor" (Queen of the Minor Key). As cancións tristes son o seu forte. Ponlles un pouco de atención e pronto saberás por que os seus humildes e fieis seguidores admírana e adórana máis cada ano.

Compartir: