ALCALDÍA

O alcalde reúnese co agregado eclesiástico da embaixada de España

20/05/2013 O rexedor compostelán, Ángel Currás, acompañado pola concelleira de Turismo, Reyes Leis, mantivo un encontro no Pazo de Raxoi co agregado eclesiástico da embaixada de España, Antonio Pelayo. Na reunión abordaron o tema da posible visita do Papa Francisco a Santiago de Compostela.

Tanto o alcalde como a concelleira trasladaronlle a Antonio Pelayo a importancia que tería para a cidade a visita do Papa o ano que vén, coincidindo coa conmemoración do
VIII centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela.

Compartir: