DEPORTES

O concelleiro de Deportes entregou os trofeos do torneo de hóckey en favor da Cociña Económica

20/05/2013 Adrián Varela presenciou no pavillón de Vite a última xornada do Trofeo solidario de hóckey Cociña Económica, que organizou o Raxoi Hóckey Club coa finalidade de recadar fondos para a institución benéfica. Participaron más de 200 xogadores, a maioría deles escolares.

Participaron os clubs H.C. Borbolla, A.C. Ordes, C.P. Burgos, Escola Lubiáns, CIA María Ferrol, Dominicos, Ponferrada, Traviesas H.C., H.C. Riazor, H.C. Cambre, H.C. Raxoi e Selección Galega. A primeira xornada do venres estivo destinada fundamentalmente aos partidos de categorías escolares, mentres que o prato forte do sábado foi a participación da Selección Galega. O torneo pechouse o domingo cos últimos partidos e a entrega de trofeos.

No marco do trofeo, o concelleiro anunciou que se vai habilitar un pavillón máis para a práctica do hóckey, o do CEIP Apóstolo Santiago. Ademais, agradeceu ao presidente do Hóckey Club Raxoi, José Mª Soriano, e ao seu secretario, Santiago Barral, o labor que o club realiza cos máis pequenos e con colectivos con discapacidade.

Compartir: