MEDIO RURAL

Comeza o arranxo das pistas de Vilamaior, na parroquia da Lavacolla

15/05/2013 O concelleiro responsable da Área de Participación Cidadá, Francisco Noya, e Luis Meijide, concelleiro adscrito a esta área e interlocutor directo coas asociación de veciños do rural, comprometéranse a arranxar nun prazo de dúas semanas unhas pistas no lugar de Vilamaior (parroquia da Lavacolla), respondendo a unha longa demanda dos veciños da zona e da súa asociación veciñal. As obras veñen de comezar.

Aproveitando a comunicación do inicio destas obras, Noya tamén lembrou que, ao igual que se está a facer na cidade, habilitarase unha partida de 50.000 euros para rebacheos no rural, atendendo así as peticións das asociacións, e outros 50.000 para desbroces.

O novo concelleiro encargado das relacións cos veciños do rural, Luis Meijide, xa lle facilitou os seus datos de contacto a todas as asociacións do ámbito, co fin de facilitar unha comunicación directa e fluída como ata agora.

Compartir: