DEPORTES

Apoio municipal á S.D. Compostela na súa loita polo ascenso á Segunda División B

13/05/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi a xunta directiva e xogadores da Sociedade Deportiva Compostela.

O equipo santiagués vén de asegurarse hai unhas xornadas un dos catro primeiros postos da Terceira División, o que lles permitirá participar nas eliminatorias polo ascenso a Segunda División B. O alcalde felicitounos pola temporada realizada ata o momento e desexoulles sorte na súa loita pola superior categoría.

Tamén animou os composteláns a animar o equipo no último partido da liga regular, que se disputará en San Lázaro o domingo 19 de maio, e nos posteriores partidos polo ascenso. No encontro do domingo, as entradas terán un prezo popular dun euro, segundo anunciou o presidente da S.D. Compostela, Antonio Quinteiro.

Compartir: