DEPORTES

Segunda xornada do Curso de Prevención e Readaptación de Lesións Deportivas

11/05/2013 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, participou na apertura da segunda xornada do Curso de Prevención e Readaptación de Lesións no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

O seminario abriuse co relatorio "Fisiopatoloxía, clasificación e diagnóstico", impartido por Javier Amestoy, xefe dos servizos médicos da Selección Española de Voleibol, médico colaborador do Real Madrid (2009-2011). A continuación interviu Ángel Basas, responsable da área de fisioterapia da Selección Española de Atletismo, quen falou sobre "Tratamento e prevención". Na xornada da tarde, estaba previsto que o propio Angel Basas centrara os contidos no campo da readaptación.

Compartir: