ALCALDÍA

Santiago acolle a Conferencia Anual da Asociación Europea de Televisións Rexionais

09/05/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu na Facultade de Xornalismo á apertura da 31ª Conferencia Anual da Asociación Europea de Televisións Rexionais, que reune a directivos de televisións públicas de 25 países europeos. No acto tamén participou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Esta cita da CIRCOM (European Association of Regional Television) está organizada pola Televisión de Galicia (TVG), baixo o lema "O camiño a seguir" (The way forward). As sesións de traballo do auditorio na Facultade de Comunicación de Santiago centraranse nos temas de xestión estratéxica, produción de televisión, xornalismo e futuras tecnoloxías da comunicación. Os executivos dos medios tamén estudarán proxectos de coproducción e cooperación, actividades de capacitación e as oportunidades que se presentan para o futuro da televisión rexional.

CIRCOM Rexional é a rede das emisoras de TV rexionais públicas en Europa e conta con máis de 250 estacións asociadas en 34 países.

Compartir: