ALCALDÍA

Dúas novas mostras lembran os efectos da acción humana sobre o medio natural

09/06/2006 A Chocolataría exhibe dúas mostras adicadas ao medio ambiente: unha con debuxos do caricaturista Andrés Rábago "El Roto" e outra coas fotografías de Manuel Sendón. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, inauguraron as exposicións.

"El Roto" ofrece unha recompilación das súas viñetas, nas que dá a súa visión sobre as consecuencias para o planeta das actitudes humanas. Pola súa parte, Manuel Sendón, lembra coas súas fotografías os efectos da castástrofe do Prestige.

Compartir: