FESTAS

Música no Obradoiro e concursos cabalares na xornada grande das Festas da Ascensión

08/05/2013 O día grande das Festas da Ascensión, o recinto feiral de Amio acollerá a tradicional. Xa pola noite, a música será a protagonista cunha gala musical na praza do Obradoiro.

A Gala musical Ascensión comezará as 21:30 horas e contará coa actuación de Pignoise, Andy&Lucas, David de María e David Civera, entre outros. Nesta mesma xornada, ás 21:00 horas, concerto de Willie Nile no Teatro Principal, dentro do ciclo Compostela Rock. Será teloneado por Graham Summer.

Seguindo coa música, a Banda Municipal ofrecerá ás 12:30 horas un concerto na rúa do Vilar. E pola noite, na Alameda, actuación da orquestra Filadelfia.

Outro dos eventos destacados deste xoves será o do programa Cultura Urbana. A partir das 17:30 horas, a praza do Toural acollerá diversos obradoiros e exhibicións de graffiti, turntablism, beatbox, breakdance e popping.

Compartir: