ALCALDÍA

Concello de Santiago, Xunta e Real Academia Galega ultiman os actos de homenaxe a Roberto Vidal Bolaño

08/05/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, mantiveron un encontro en Raxoi, previo á reunión preparatoria dos actos dos actos de homenaxe a Roberto Vidal Bolaño que se celebrou a continuación. Nesta participaron a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e o secretario xeral de Cultura, Ánxo Lorenzo.

O Teatro Principal, ás 12:00 horas, acollerá o acto central do Día das Letras Galegas, o venres 17 de maio. Esa mesma xornada, ás 11:00 horas, o Concello colocará unha placa na casa natal de Roberto Vidal Bolaño no nº 43 de Vista Alegre .

O día antes, ás 18:00 horas, a Xunta de Galicia ten convocado un acto institucional que se celebrará no Salón Teatro. Haberá intervencións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; do alcalde de Santiago, Ángel Currás, e da familia de Vidal Bolaño. Ademais, proxectarase unha peza audiovisual.

Compartir: