ALCALDÍA

José Baselga recibe o II Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal

04/05/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á gala de entrega do II Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal ao doutor José Baselga. O acto celebrouse na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos e estivo presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

O catalán José Baselga é unha figura moi destacada no ámbito da oncoloxía. Na actualidade é o director médico do Memorial Sloan-Ketterin de Nova York, que está considerado un dos mellores centros oncolóxicos do mundo. Alí dirixe a atención clínica e a investigación, liderando un equipo de 834 facultativos que atenden a 123.000 pacientes ao ano.

Compartir: