DEPORTES

Un gol para un premio

09/06/2006 A fotografía "Gol", de Antonio Hernández Ríos, foi a gañadora do IX Concurso de Fotografía Deportiva, organizado pola Concellaría de Deportes. Un total de 42 instantáneas presentáronse a este certame, que premia as mellores fotografías con temas deportivos ou relacionados con calquera faceta ou práctica deportiva.

O gañador recibirá un premio en metálico de 900 euros por unha foto que recolle o instante en que unha pelota entra na portería nun partido de fútbol de rapaces. O segundo dos galardóns recaeu en Xoan A. Soler, por "Apurado", mentres que o terceiro foi para Rafael Campoy noval, por "Sapho". Ámbolos recibirán 675 e 375 euros, respectivamente.

O xurado deste premio estivo presidido polo concelleiro de Deportes, Manuel Portas, e composto por técnicos municipais, xornalistas e fotógrafos profesionais.

Compartir: