COMERCIO

A artesá Ana Serra deseñará a peza que recibirán os galardoados nos Premios do Comercio Compostelán 2013

03/05/2013 Unha peza denominada "Rollo", da artesá Ana Serra, foi a elixida para ser entregada aos gañadores dos Premios do Comercio Compostelán 2013. Para o deseño desta figura conmemorativa convocárase un concurso dirixido aos artesáns composteláns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

O xurado estivo formado por Reyes Leis, concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados; Elena Fabeiro, xerente da Fundación de Artesanía e do Deseño de Galicia; Pura Cendón , en representación de Santiago Centro; Eva López representante de Em-Rede; e Lucía Castro, como secretaria.

Como finalista quedou o bosquexo "Co-mpostela 3D", do artesán José Sanín.

Os Premios do Comercio Compostelán serán entregados o 23 de maio nun acto no Concello. Alí recibirán o seu galardón os triunfadores nas seis categorías a concurso: Comercio Emprende, Comercio Activo, Comercio de Barrio, Comercio Agarimo, Comercio Innovación e Comercio Veterano.

Compartir: