ALCALDÍA

Entrega dos premios do IV Certame "Deseña unha xoia para a túa nai"

30/04/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e as concelleiras María Castelao e Rebeca Domínguez asistiron ao acto de entrega dos premios do IV Certame "Deseña unha xoia para a túa nai". O evento estivo presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Preto de 8.000 rapaces de toda Galicia participaron no certame, organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría. O xurado elixiu 80 finalistas, dos que saíron os 12 gañadores.

Compartir: