CULTURA

Willie Nile, The Hi-Risers e Eilen Jewell no Made in USA do Compostela Rock

29/04/2013 O ciclo Compostela Rock presenta Made in USA, unha cita co rock máis internacional con Willie Nile, The Hi-Risers e Eilen Jewel. Entradas á venda a 12 euros anticipada, 15 euros na billeteira.

Willie Nile, o poeta de NY regresa a España en 2013 para presentarnos o seu novo disco, American ride, un novo traballo gravado durante o pasado verán 2012, producido e dirixido por Stewart Smith e o propio Willie Nile. Tras unha xira espectacular en 2012 por gran parte de Europa (UK, España, Italia...), o músico neoyorkino, gravou o seu decimosegundo disco de estudo, onde nos mostra o gran poderío das súas composicións; grandes melodías de rock – "Holy war", "This is our time", "Life on Bleecker Street"–, e grandes baladas como "American ride", que ademais dá título ao disco, unha canción condenada a estar entre o mellor do 2013. Abrirá o concerto Graham Summer (Nigrán, Pontevedra. Country-folk).

O concerto sera xoves 9 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal e as entradas estan á venda a 12 € + gastos de distribución (anticipada) e 15 € (billeteira), na billeteira do Teatro Principal, en Nova Galicia Banco e en A Reixa Tenda.

The Hi-Risers, presentan Hang around with you o mércores 22 de maio, ás 21.00 horas, na Sala Capitol. Despois dunha longa espera, o trio de Rochester volveu para ir de festa contigo. E miúda festa a de Hang around with you! Neste flamante álbum atópanse moitas das razóns polas que o grupo é considerado o estandarte do mellor rock&roll americano, sen aditivos, complicacións, nin moderneces. Sen ser un grupo retro, The Hi-Risers conseguen combinar os mellores e máis xenuínos estilos americanos para crear o seu burbuxeante cóctel, e dar un espectáculo en toda regra.

As entradas, ao mesmo prezo, estan á venda na billeteira do Teatro Principal, en Nova Galicia Banco, en A Reixa Tenda e en salacapitol.com.

Eilen Jewell, presenta o seu disco Queen of the minor key. O concerto será o 13 de xuño, ás 21:00 horas, na Sala Capitol. Eilen Jewell é "a raíña do acorde menor" (queen of the minor key). As cancións tristes son o seu forte. Ponlles un pouco de atención e pronto saberás por que os seus humildes e fieis seguidores admírana e adórana máis cada ano.

Tamén a 12 e 15 euros, entradas estan á venda na billeteira do Teatro Principal, en Nova Galicia Banco, en A Reixa Tenda e en salacapitol.com.

Compartir: