URBANISMO

O Concello inviste 224.000 euros na reparación de beirarrúas no Ensanche

29/04/2013 A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta do inicio do procedemento de contratación para as obras de reparación en varias rúas do Ensanche. O orzamento de licitación é de 224.402 euros e as obras teñen un prazo de execución máximo de dous meses.

Aquelas necesidades que non poidan ser cubertas no marco deste contrato, serán afrontadas pola Brigada de Vías e Obras, segundo anunciou o edil responsable da mesma, Juan de la Fuente. A piques de rematar o plan urxente de acondicionamento das rúas da cidade e acometendo xa o das vías do rural, unha brigada ocuparase destas reparacións a maiores no Ensanche e outra das reparacións nos puntos máis deteriorados do Campus universitario.

Ambos concelleiros lembraron na rolda de prensa que segue a disposición dos veciños o teléfono 981 528 722, no que poderán por en coñecemento do Concello a existencia de fochancas ou outros danos nas rúas do barrios e parroquias.

Compartir: