OBRAS E RURAL

As asociacións do rural coñeceron os detalles do investimento de case medio millón de euros en cinco novas obras nas parroquias

27/04/2013 Os concelleiros Francisco Noya, Luis Meijide e José María Rosende, encargados os tres coordinadamente do seguimento do rural e das súas necesidades, e a concelleira de Obras e Infraestruturas, María Pardo, mantiveron unha xuntanza coa Federación de Asociacións do Rural de Santiago (FERUSA), para explicarlles as cinco obras nas parroquias incluídas no chamado DTC-94 da Deputación da Coruña.

Estas cinco obras no rural suporán cun investimento de 488.145 euros. Neste DTC-94 inclúense obras de mellora e acondicionamento do vieiro a Sionlla de Arriba e cruce da N-550 (Enfesta), por importe de 56.797 euros; do vieiro de Marzo de Arriba a Quintáns-Fase I (Verdía), por 100.389 euros; do vieiro de Reborido-Roxos ao límite municipal (Villestro), por 84.371 euros; e do vieiro de Bando-San Marcos, por 69.590 euros.

A estas obras súmase outra de acondicionamento de gabias en 100 quilómetros de estradas nas parroquias do rural, cun investimento de 179.831 euros.

Lembróuselles tamén aos representantes do rural que tamén se executarán nos vindeiros meses as obras previstas no Plan de Obras e Servizos da Deputación de 2012.

Compartir: