CULTURA

"A historia do Rock. De Elvis a Vetusta Morla", nun programa par aos máis novos

25/04/2013 Encaixar seis décadas de historia da música popular en hora e media é un reto arduo. Nacida da man dos cambios sociais amparados pola prosperidade das sociedades occidentais tras a 2ª Guerra Mundial, a emerxente música xuvenil (pop no seu máis amplo sentido) foi desenvolvendo un ilimitado protagonismo que calará decisivamente nas mais diversas manifestacións da Cultura Popular do Século XX. A función de A historia do rock. De Elvis a Vetusta Morla terá lugar no Teatro Principal o domingo 21 de abril, ás 18:30 horas.

As entradas están á venda a 5 euros, cunha entrada familiar de 4 entradas por 15 euros. Dentro do programa didáctico e dirixido a centros educativos, as funcións serán o venres 26 de abril, ás 10:00 e 12:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Esta historia do Rock ilústrase con música e visuais de cada época. Pero tamén con breves comentarios que tentan comprimir eses aspectos sociais e ambientais, de forma precisa pero divulgativa, é dicir, da maneira máis sinxela e didáctica posible. E o máis importante: amena.

Reducir sesenta anos de música a hora e media é misión case imposible. Pero están todos os artistas imprescindibles: dende Elvis Presley, The Beach Boys, The Beatles, The Byrds, Bon Dylan, Los Brincos, James Brown, Jimi Hendrix, Led Zeppelin, David Bowie, Bob Marley, Bruce Springsteen, The Clash, Sex Pistols, Madonna, U2, Tequila, Michael Jackson, Alaska, Secretos, Nirvana, Public Enemy, Planetas, Amaral etc, ata os últimos representantes do fenómeno indie.

O influente xornalista musical e locutor radiofónico José María Rey (RNE, Radio 3) realiza un percorrido conciso e ameno, coa dinámica dun programa radiofónico en directo, para achegarnos á historia da música contemporánea. Naturalmente, todo iso vai secundado por proxeccións de cada período, pequenas reportaxes de época salpicadas de imaxes, directos ou vídeos dos artistas implicados. Preténdese que o público ao que vai dirixido descubra, lembre, aprenda e finalmente se divirta, con esta conferencia audiovisual.

Compartir: