CENTROS SOCIOCULTURAIS

Viaxe a Cambados e Ribadumia dentro do programa "Imos de excursión"

25/04/2013 A Concellería de Centros Socioculturais abre o prazo de inscrición para participar na próxima excursión organizada no marco do programa Imos de excursión 2013. É a denominada "Galicia etnográfica", prevista para o sábado 11 de maio.

Esta excursión levará os participantes a distintos puntos de interese patrimonial e cultural de Cambados e Ribadumia. O prezo da excursión é de 30 euros, no que se inclúe transporte, guía, seguro, xantar e as entradas a lugares de interese cultural.

As próximas viaxes previstas no programa Imos de excursión son "Castela Medieval" (Avila, Madrid...), os días 17,18 e 19 de maio (inscricións dende o martes 30 de abril); e "Costa Verde" (Luarca, Lastres...), os días 25 e 26 de maio (inscricións dende o martes 7 de maio).

Información e inscrición nos centros socioculturais.

Documentos relacionados



Compartir: