BENESTAR SOCIAL

Benestar Social pon en marcha a segunda edición da Operación Cueiro

25/04/2013 A concelleira de Familia e Benestar Social, María Castelao, informou da apertura da segunda edición da Operación Cueiro, que pretende recoller cueiros que logo se destinarán a familias en situación de extrema necesidade. Agarda repetir o éxito da primeira edición, na que se doaron máis de 7.000 cueiros.

María Castelao fixo un chamamento á solidariedade dos composteláns e das empresas da cidade para que se sumen a esta campaña. Neste sentido, lembrou que "os cueiros son artigos especialmente caros e o seu custo resulta complicado de afrontar para familias en situación de necesidade".

Aqueles que queiran colaborar poderán depositar os paquetes de cueiros en calquera centro sociocultural –a edil agradeceu a colaboración do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya-, na propia Concellería de Benestar Social, na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES) e na Unidade Municipal de Atención Drogodependentes (UMAD). Os cueiros recollidos serán logo repartidos entre as familias polas traballadoras sociais.

Compartir: