CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan os talleres do programa "Achégate a outras culturas" nos centros socioculturais

25/04/2013 No escenario dun mundo globalizado, onde as relacións e a comunicación entre as persoas de distintos países por motivos de formación, traballo e ocio son unha constante, parece importante estimular a mellora destes procesos de intercambio cultural no que as competencias lingüísticas xogan un papel fundamental para a comprensión e o respecto das diversas identidades culturais. Po riso, a Concellería de Centros Socioculturais continúa a desenvolver o programa Achégate a outras culturas a través de accións formativas que teñen lugar en mais de 15 centros e locais socioculturais.

Ademais dos 15 talleres regulares de lingua inglesa que comezaron en outubro e remataran en xuño deste 2013, nos centros socioculturais de A Gracia, Bando, As Cancelas, Casa Agraria, Casco Histórico, Castiñeiriño, Figueiras,Marrozos, Sar, A Trisca, Villestro, Vite, Pontepedriña, Vidán, Almáciga- as asociacións veciñais complementan algún deles con accións propias.

Actualmente, no marco do programa Achégate a outras culturas, un grupo de 15 persoas participa nun curso de chinés no Centro Sociocultural do Ensanche. Ademais, dous grupos inícianse na cultura e linguas alemás no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Prazas dispoñibles
Continúa aberto os prazo para que os interesados en participar nestas accións de achegamento práctico a culturas como a chinesa, árabe, alemá, rusa, anglosaxona e americana -que se desenvolverán en distintos centros socioculturais durante o vindeiro curso-, se acheguen aos CSC para preinscribirse.

No Centro Sociocultural de Santa Marta hai aínda prazas vacantes para os seguintes cursos, que se realizarán durante os meses de xuño e xullo de obterse un grupo mínimo de inscritos.

Cultura e iniciación á lingua alemá:
- Grupo I - Xoves, de 19:30 a 21:30 horas.
- Grupo II - Sábado, 11:00 a 12:30 horas,

Cultura e iniciación ás linguas anglosaxona e americana:
- Mércores, de 19:30 a 21:00 horas.

Ademais, e no marco do Programa de Voluntariado Europeo, estanse a desenvolver con gran acollida os programas Conversas en ruso (CSC das Fontiñas) e Conversas en inglés (CSC do Castiñeiriño).

Mais información nos centros socioculturais.

Compartir: