XUVENTUDE

Unha exposición amosa no Ensanche as imaxes máis significativas da última edición do certame MúsicaXove

24/04/2013 A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, visitou no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche a exposición fotográfica do último certame MúsicaXove.

Como unha das actividades de promoción para os grupos participantes no certame MúsicaXove, que cada ano programa a Concellería de Xuventude, realizouse unha exposición composta por 32 fotografías e imaxes representativas do concurso. As fotos tomáronse durante o concerto das finais, celebrado o 20 de decembro do 2012 na Sala Capitol, e foron realizadas polo fotógrafo Andrés Fraga. Neste concerto participaron os sete grupos finalistas.

O certame MúsicaXove, ademais de ter como destinatarios aos artistas emerxentes que manteñen a súa actividade nos locais de ensaio que oferta o Concello, ábrese ao resto de grupos de Santiago e de Galicia.

A exposición permanecerá no CSXM do Ensanche ata o 20 de maio.

Compartir: